O Galego, e a súa escritura

Galego e a súa escritura – Esbozos do xoves santo 2018
Vou comezando compartindo significado de Reintegracionismo
Reseñas dese artigo
“Por consecuencia, os reintegracionistas ou lusistas cren que a normativa oficial do galego, arbitrada pola Real Academia Galega e reflectida nas NOMIG (normas ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego) é inadecuada, xa que dan por irreversíbel a castelanización do galego.”
“A última reforma destas normas, en 2003, acepta esa visión e conserva os trazos coincidentes co español, como a letra ñ, o dígrafo ll, os sufixos -ería, -ble, -ción, as regras de acentuación e as opcións léxicas tamén dan máis preferencia a vocábulos de orixe castelá.[Cómpre referencia]
A norma da AGAL (Asociación Galega da Lingua) e outros grupos usan unha norma ortográfica próxima da portuguesa común: NH, LH, ~ (“til”) unicamente nos plurais (s); -aria, -vel , pero -con, en vez de -ción.”

O ideal é que leades a ligazón completa.

O tema deste artigo é a nosa lingua e a súa escritura, xa que a súa fala cada vez é menor. A xente das aldeas cada vez é máis escasa e nas vilas a maioría das persoas falan en castelán e si falan en galego e se atopan con outro galego que xa fala en castelán cambéanse sen pensar.

Moito dano se lle está a facer á lingua sendo biligües cós que sendo igual de galegos só se expresan en castelán, con esa xente non se debe un de mudar, hai que ser biligüe con quen non te entende, non con quen ten a obriga de entenderte, e hai que garantir ao mesmo tempo sempre o dereito de poder expresarnos en castelán cando nos pete.

Os que veñen de afora hai de todo tamén. Moitos que acollen a nosa lingua como propia da terra por riba do castelán e se animan a aprender a falar nela.
Téñome atopoado con persoas de Europa vidas a vivir eiquí que aprenderon o galego por convicción e intentan falalo. Normalmente as latinas (persoas) aprenden de peor gana ó galego aínda que coñezo brasileiras que sí, co falan tamén as veces me da a sensación de que se sinten máis cómodas falando a lingua castelá. Bueno, pasa moito entre a maioría o de sentirse máis listos, máis importantes e máis españois falando castelán, e si ven a un parviño por eí falando galego, é iso (un parviño) ou é un posser ou un separatista, xa negan ata a dúbida de que poida ser tan español como o que fala castelán.
É hoxe por hoxe sentirse español non é unha satisfacción precisamente, pero casi nin o é sentirse parte da civilización actual na que vivimos.
Que é máis nacionalista un galego, un español, un vasco ou un catalán, está claro que os galegos, vascos e cataláns somos dobremente nacionalistas, unha por a parte da terra que nos toca defender e outra por parte da terra que nos toca vivir, e non por iso somos terroristas.
Coñexo xente galega que sempre fala en castelán porque na súa casa sempre se dirixiron a eles exclusivamente nese idioma. Xente que xustifica non falar galego por medo a facelo mal. A iles diríalles que calquer galego mal falado é mellor que níngún e que deberamos de protexer máis a iste patrimonio có que contamos.
Eu soamente quero respeto para a nosa lingua, e tamén deferencia.
Persoalmente que os meus cohetáneos escriban como queiran pero que endexamáis se neguén a dirixirse con orgullo na nosa lingua orixinal do pobo Galego, Leonés ou Portugués.
Certo, este artigo era da escritura da nosa lingua.

Deixa unha resposta