Monforte Feira Medieval 2018

Enlace a páxina de AldeasGalegas
A evolución da Feira Medieval esta seguindo unha agradable traxectoria, marcada  pola afluencia de máis público e de máis ofertas lúdicas, gastronómicas e mercantís.
As persoas da vila participan cada vez en maior número, medrando nestes últimos anos os que apostan por ir con  traxes de época, como medran tamén os entretenementos para os máis cativos.
Neste 2018 vimos, a noria, as randeeiras e unha barcaza de madeira alén da ponte medieval,  diante do convento das nais clarisas, a feira cruzou o río  e  en fronte da casa consistorial transcorreron as exhibicións de cetrería ao longo dos dous días nos que se celebrou 31 de marzo e 01 de abril.
En canto aos produtos alimenticios que atopamos na Praza de Abastos, que abre tamén as súas portas durante este fin de semana atopamos a un posto de chocolates feitos en Galicia, Castelo do Sobroso, elaborado con manteca de cacao e azúcre como se facía tradicionalmente no século XIX. O chocolate elaborábase por aquel entón en moitas vilas galegas, había familias que se dedicaban á súa elaboración.
Foi cando fixeron a súa presenza as multinacionais cando estas fábricas artesanales desapareceron, quedando unicamente a familia que hoxe leva a marca de Castelo de Sobroso, que podemos atoparnos en feiras tradicionais como Outrora, nesta Medieval e en moitas máis de carácter artesano.
Saber máis de Castelo de Sobroso   Comprar  Chocolate Castelo do Sobroso
Descubrimos a unha nova empresa creada hai pouco máis dun ano en Quiroga, que oferta produtos artesáns naturais  da zona, tomate envadado, crema de caléndula e mel, xalea de uva con herbaboa, marmelas de figo, cabaza, membrillo, ruibardo . O Rego
Un posto de pimentón e ao seu lado uno de queixos con Denominación de Orixe galega, un de embutidos, outro de repostería tradicional e un máis de queixos do mundo, sen esquecer mencionar o de licores tradicionais galegos recolleitos baixo a marca comercial dos Maios.
Postos de comidas, pulpo, churrasco, crepes, churros entremezclados cós postos  de coiros, prata, xabóns, tatuaxes, plantas, inciensos,   conformaron o ambiente necesario para recrear o mercado medieval.
Torneo medieval nas aréas dos pais escolapios, o tiro con arco, as exhibicións de cetrería, e os paseos en burriño deron a pincelada para que esta edición tivese  gran acolleita entre os asistentes.
Fotos na versión en castelán, pulsa na bandeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *