Manifestación na capital galega na defensa da Sanidade Pública

Reclamando que a saúde pública siga mantendo os servizos precisos.

En varios centros hospitalarios e médicos de distintas zonas de Galicia hai deficiencia e unha longa lista de espera para a atención cós especialistas.

A distancias aos grandes hospitais aos que queren derivar á xente do rural perxudica á poboación maior que está asentada no territorio.

Hai moitas cousas que mellorar no tocante a Sanidade. Entre elas o control da contaminación das augas. Non debemos permitir que exterminen a auga natural contaminando con vertidos,

A saúde comeza por vivir e alimentarse de maneira natural, respectando a vida. A xente do rural sempre o fixo pero as multinacionais queren acabar có Planeta e con este ancestral modo de vivir en equilibrio có no mundo natural. Queren que todo sexa artificial.

Que hai máis artificial que as persoas que están creando:???

Esiximos unha alimentación equilibrada , unha saúde equilibrada, un estado equilibrado, unha sociedade equilibrada e non esta loucura que está montada.

Pero desta eu non fun, pero ali estiveron miles de compañeiros que perseguen as mesmas metas e os mesmos obxectivos.

Neste caso algúns sindicatos pagaron os autobuses que levaron á xente das distintas partes de Gallaecia.

Vése a moita xente sen bandeiras que subiu a eses buses de cores ou que vive elí, ou que pasaba por alí, quizais foi unha xuntanza de xente galega ou para que os turistas visen a galegos, unha raza din que arraigada pero en extinción na súa propia terra.

Deixa unha resposta