Estreno do Blogue Escribindo dende a Aldea

Reestreno 2018
Reestreno 2018
Reestreno 2018

Dende o ano 2008 ata o 2016 existiu o meu primeiro Blogue, onde enlazaba recursos, compartía ensaios e críticas ás políticas e noticias de interese relacionadas con algúns personaxes sobresalientes.

Todos eses arquivos foron eliminados accidentalmente por min, no outono de 2016, cando sen querer borrei a base de datos que albergaba o contido.

Todo aquela información acumulada residindo desde entón nunha papeleira dun servidor alemán sen posibilidade algunha de ser rescatada.

Hai pouco máis dun ano disto, pero tras o desgusto inicial e aprendida a lección, extreno este novo Blogue porque non me conformo sen escribir as miñas impresións, mostrándoas tal cal as penso, sen importarme o xuízo que da miña persoa poida facer alguén, medindo moito o que escribo, xa que, a liberdade de expresión é moi limitada na sociedade actual, en xeral.

Se me coñeces e eras lector habitual do meu anterior Blogue, pois eiquí me tés de volta. Se me acabas de coñecer pois xa sabes onde atoparme.

Pra empezar vou facelo cunha entrada relacionada coa situación presente e algunhas das cuestións e deducións que saquei.

Podes participar e comentar, non te cortes.