A caza e a pesca actual non son sostibles

Estes días en Galicia houbo o campionato nacional de caza do raposo .

Esta entrada surxe da necesidade de facer unha concienciación social da defensa dos animais que comparten connosco o medio.

Non necesitamos a súa pel para vestirnos, tampouco os necesitamos para nos alimentar deles.

Entón porque o home segue a divertirse sacándolle a vida ?

Porque hai xente que convoca manifestacións para pedir cousas sin sentido en nome do futuro do rural ???

Non é verdade que para que no futuro existan estas especies debemos de conservalas e protexelas?

Está claro que hai unha poboaciónde xabaríns esaxerada en parte por ter aniquilado o home ao lobo o principal depredador que mantiña a esta especie a raia.

Agora o rural galego apenas ten cultivos e a súa fauna, cada vez máis, en vías de extinción, castigada polos lumes e pola falta de alimento, sobrevivindo de milagre e sorportando batidas indiscriminadas sobre elas.

O zorro, ou raposo, non ten carroña da que se alimentar, non andan as galiñas ceibes, os animais que outrora se levaban ao monte agora recóllenos e pagan por elo os gandeiros, e eles non teñen de que se alimentar.

Non é xusto.

En canto a pesca, como non a vamos a defender, pero hai que enteder que apenas queda, xa que son moitos os afluentes galegos que coas sequías deixan de existir e con eles a súa vida . Debemos de protexer o pouco que nos queda.

Deixa unha resposta