Críticas de Entroido

As políticas levadas a cabo có Planeta e cós seus habitantes por parte duns poucos, que acarrexan máis mal que ben coas súas intrigas e ambicións, alcanzan un xeneralizado estado de crítica popular en época de entroido, máis que en calquera momento do ano. É o tempo da sátira, o momento de dicirlles todas as verdades que o pobo coñece.

É terrible saber que lle prenderon lume adrede ás plantacións de particulares e a bosques naturais de Galicia . Intereses económicos e a falta de respecto ao resto dos seres vivos que comparten connosco o territorio.

Terrible tamén é coñecer que o ano pasado prohibiron colleitar a pequenas comunidades de persoas patacas, dicindo que tiña a praga GUATEMALTECA.

Un despregue de información mediática, orquestrada dende o Poder puxo en coñecemento de todos os galegos o inicio desta praga?.
Pasaron polas casas a recoller as patacas producidas e ameazaronlles con elevadísimas multas si ocultaban as súas plantacións de autoconsumo. Ademais durante dous anos non poderán sementar para que a terra se recupe de tan maldita botada sorte.

No Sur de Lugo preguntámonos si os seguintes imos ser nós.

Mentres na zona de máis alta calidade de pataca galega, en Xinzo de Limia, non lles compraron a produción ata ter vendida a importada de Francia, e os prezos que lles pagaron foron irrisorios, fálase que a menos de dez céntimos de euro/quilo.

Sángrannos a impostos, e non lle botamos conta de que empezan a repercutir só no seu propio beneficio, na mafia social que teñen montada. Negocian entre as multinacionais, eliminando a necesidade dos mercados de outrora, das feiras e da produción do agricultor particular.

Manipulan e especulan coas nosas colleitas, lévanse a nosa auga ou nola contaminan con puríns, aos que teñen algo, cobranlle por vivir na súa casa cada ano máis, gastan diñeiro público en publicidade dicindo que no rural impostos cero e cobran ata polos galiñeiros máis insignificantes.

Con Europa e o mercado común chegou a época da desindustrialización española, chegou o imposto sobre todas as compras, o ive, e empezou a andarse o camiño que nos trae a este presente onde o Estado só queda como un mero instrumento recadador de impostos.

En canto á sanidade, cada día é máis difícil ir a un especialista da Seguridade Social porque parece que teñen o plan acordado co teu médico de cabeceira para non che derive a el. Si o consegues podes ter sorte e ir en seis meses, o que tampouco che garante que realices as probas necesarias para detectar a orixe do malestar.

Si deixamos que manipulen á sociedade e á súa opinión sabendo que están incorrendo nunha inxustiza social sabéndoo seremo.s cómplices do pésimo futuro que lle legaremos aos nosos descendentes

Deixa unha resposta